Este ano, para conmemorar o día da poesía que tanto gusta no cole, celebramos un recital de poesía coa participación de Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. Durante as horas de lectura de toda a semana puidemos gozar de moitos de preciosos poemas.
BIBLIOTECA CEIP PLURILINGÜE FELICIANO BARRERA
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
martes, 1 de abril de 2025
venres, 28 de marzo de 2025
domingo, 23 de marzo de 2025
LEO - LAB
DEPORTE ESCOLAR: BÁDMINTON
MÁIS FAMILIAS NA ESCOLA: MARTIÑO
A ZERO!
MÚSICA É VIDA
venres, 21 de marzo de 2025
xoves, 20 de marzo de 2025
A NOSA COMPAÑÍA!
Xa comezamos a traballar por profesións, cada profesión xa ten un pouco de traballo feito.
Da escenografía encárganse: - Leire e Xoel. Están creando a nosa imaxe e o noso decorado. Son moi creativos!!!Da rexiduría ocupámonos: - María e Laura. Estamos coordinando os grupos. que ben o están facendo!!!
domingo, 16 de marzo de 2025
Club de lectura de 5º de Primaria "Lendo a todas horas"
Os Leóns Lectores de 3º de primaria
Despois de ler o libro "Mi nombre es Skywalker" de Agustín Fernández Paz, os nenos e nenas de 3º mediante o club de lectura traballaron a descrición dos personaxes principais do libro. Comenzaron coa técnica "Dez veces dúas", nomeando cualidades dos personaxes e completando coas que nos coincidían cos seus compañeiros. Remataron a tarefa completando a portada do libro cos debuxos dos personaxes que desapareceran.
Agora xa están preparando a seguinte lectura!
venres, 14 de marzo de 2025
mércores, 12 de marzo de 2025
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Foi un traballo difícil, pero tamén moi divertido, porque o fixemos en equipo.
Aprendemos moito sobre os ODS e a súa importancia.
Agora temos un mural nas escaleiras para que quen queira poida consultar os ODS e resolver as principais preguntas sobre cada un deles. Só hai que tirar da solapa.