BIBLIOTECA DO CEIP FELICIANO BARRERA
xoves, 14 de marzo de 2024
BÁDMINTON NO PABILLÓN MUNICIPAL
PROTECCIÓN DA NATUREZA
mércores, 6 de marzo de 2024
8 de marzo, día da muller
Na biblioteca de Leo León, preparamos unha extensa exposición de contos e libros dedicados ás mulleres.
sábado, 2 de marzo de 2024
Novidades de Marzo
Este mes comeza cunha chea de contos novos na biblioteca de Leo León.
Para os lectores e lectoras máis novos temos dúas coleccións pensadas para eles e elas. Son "Aprende a ler na escola de monstros" e "Investigato". Dúas coleccións en letra maiúscula e por último dous contos novos da colección de Mortiña.
Ademais e debido ás peticións de algúns alumnos de 3º de primaria, contamos con dous novos exemplares do Capitán calzoncillos e un novo libro de Tom Gates.
Para o terceiro ciclo contamos cunha nova colección titulada "Chica xenial" que seguro gustará moito entre a rapazada destas idades.
Todas estas novidades e moitas máis podedes atopalas na biblioteca de Leo León!
venres, 23 de febreiro de 2024
EDUCACIÓN AMBIENTAL
23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro
xoves, 22 de febreiro de 2024
CIBERSEGURIDADE NA BIBLIOTECA
venres, 16 de febreiro de 2024
BIBLIOTECA CREATIVA - ESCORNABOT - 4º XOGO DE MESA
Agora a quenda de xogar, creando escenarios para atravesar co escornabot. Cada grupo tivo que conseguir chegar á casilla de pregunta, evitando as trampas do percorrido. Este xogo de mesa, realizouse para repasar contidos de Ciencias Sociais.
xoves, 15 de febreiro de 2024
BIBLIOTECA CREATIVA - ESCORNABOT - 3º INVENTAR CIRCUÍTO
O seguinte reto consiste en realizar, en pequenos grupos e con material da clase, un circuíto por onde teña que pasar o escornabot. Menudo desafío!
domingo, 11 de febreiro de 2024
11 DE FEBREIRO - BIBLIOTECA CREATIVA
Polo 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da nena na ciencia, o alumnado de primaria realizou un circuíto eléctrico téxtil. Recortaron tea de fieltro e coseron un fío condutor a un portapilas e varios leds. O antifaz foi representado en 5 mulleres deseñadoras gráficas, que coñecimos e resaltamos unha frase representativas da muller, en cada unha delas.
sábado, 10 de febreiro de 2024
BIBLIOTECA CREATIVA - 2º PROGRAMA O ESCORNABOT
Aprendemos a programar o desprazamento do escornabot, por medio da botoeira. Terán que ter en conta o espazo, a direccionalidade e estimar ata onde queremos que chegue.
venres, 9 de febreiro de 2024
Frases pola Paz: 5º de primaria
xoves, 8 de febreiro de 2024
BIBLIOTECA CREATIVA - ESCORNABOT - 1º PROGRAMA Ó TEU COLEGA
Antes de aprender a programar cos botón do escornabot, aprendamos primeiro a secuencia de movementos co noso corpo.