martes, 25 de decembro de 2012

A Christmas tree

Os alumnos de primeiro fixeron este bonito 'Christmas tree' na clase de plástica para decorar a nosa biblioteca.


 


Nadal

Os alumn@s de primeiro deséxanvos un bo Nadal

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow created with Smilebox

mércores, 19 de decembro de 2012

Cantos de reis

Aquí vos queda este enlace por se queredes aprender máis sobre os cantos de reis.
Desfrutádeo e non deixedes que se perda nas nosas aldeas esta fermosa tradición.

sábado, 15 de decembro de 2012

Concurso de postais de Nadal

Leo León está abraiado coas postais tan bonitas que fixeron os nenos e nenas do cole... aquí as tedes:





quen serán os gañadores?????          Leo León o ten moi difícil para escoller!!! 
Boa sorte a todos e grazas pola vosa participación!

venres, 14 de decembro de 2012

Mochilas viaxeiras

Ola a todos,
E unha vez máis aquí están os novos debuxos e comentarios das mochilas viaxeiras.




Esperamos que vos gusten.
Ata a vindeira semana. Un enorme abrazo de Leo León!!


Quen é o Apalpador?

luns, 10 de decembro de 2012

O apalpador

Coñecedes ao APALPADOR?? 


No NADAL reparte regalos por toda Galicia e....


queredes coñecer máis cousas sobre o apalpador??? aquí tedes un bonito conto e un xogo moi divertido:











XOGOS

Tamén podedes visitar a Leo León na biblioteca e  buscar o conto sobre o apalpador e outra morea de sorpresas sobre o nadal!!!

venres, 7 de decembro de 2012

Xogos divertidos sobre o Nadal

Leo León convídate a pasar un bo rato con estes xogos divertidísimos sobre o nadal. Pincha nos seguintes debuxos para acceder aos xogos e divírtete!!


                         



Ollo!! están en inglés!!

Mochilas viaxeiras

Xa están aquí... os novos debuxos e comentarios das mochilas viaxeiras!!!
Cada vez, son máis e máis bonitos...


 

 Moitas grazas pola vosa colaboración!!

mércores, 5 de decembro de 2012

Postais de Nadal

COMO O ANO PASADO FOI UN ÉXITO





ESTE ANO LEO LEÓN INVÍTANOS UNHA VEZ MÁIS A FACER UNHAS POSTAIS DE NADAL PARA DECORAR O COLE...




                                          O PRAZO COMEZA HOXE E REMATA O MARTES 11, ANIMÁDEVOS!

venres, 30 de novembro de 2012

Mochilas viaxeiras

E como todos os venres, aquí tedes os novos comentarios e debuxos das mochilas viaxeiras. Que bonitos!!!


 

 Ata a próxima semana!!!

domingo, 25 de novembro de 2012

CLASE DE PLÁSTICA 4º

Nenos e nenas de 4º de primaria traballando na súa aula durante un taller de plástica.
Fixeron uns polbos de lan de cores moi riquiños!!!!

venres, 23 de novembro de 2012

Mochilas viaxeiras

E aquí están os novos debuxos e comentarios das mochilas...

 

 Esperamos que vos gusten... a Leo León encántanlle!!
Grazas!

mércores, 21 de novembro de 2012

NOVIDADES

Leo León trouxo novos libros... 



Vinde a velos!!!! seguro que vos encantan...

venres, 16 de novembro de 2012

Xogos divertidos sobre o magosto

Se queredes un contiño e logo unhas actividades pinchade AQUÍ.
Pinchando AQUÍ atoparás actividades e xogos sobre o conto "A castaña que rebentou de risa".
AQUÍ tendes un lim chulísimo sobre a celebración do magosto.

xoves, 15 de novembro de 2012

O MAGOSTO


Aquí tedes un conto sobre o magosto... espero que vos guste!
   

MOCHILAS VIAXEIRAS

Leo León está moi contento con todos os debuxos e comentarios recibidos das mochilas viaxeiras...aquí os tedes:


Grazas pola vosa colaboración... esperamos con impaciencia os seguintes!

martes, 13 de novembro de 2012

I LOVE ENGLISH JUNIOR

O ano pasado os alumnos de 6º de Primaria escribiron unha carta á revista I LOVE ENGLISH JUNIOR, e xa nos publicaron unha carta...


                         


Noraboa Robin!!!!
seguiremos cruzando os dedos para que nos publiquen o resto...

martes, 2 de outubro de 2012

venres, 22 de xuño de 2012

Despedida

Rematou o curso!!
Xa pasou un ano máis.
Moitas grazas a todos aqueles que colaboraron, que se esforzaron, que nos apoiaron, que axudaron en todo  e que están dispostos a seguir facéndoo.
Moita sorte a tódolos alumnos que comezan unha nova etapa, que xa se fixeron maiores e que agora irán ao instituto a demostrar todo o que aprenderon neste centro. Sobre todo o máis importante: a ser bos compañeiros, a ser solidarios, a compartir, a respetar, ... a ser persoas de ben.
E a todos aqueles que volverán en setembro: disfrutade das vacacións ao máximo para poder comezar un novo curso con forzas renovadas, con actitude positiva, con ganas de aprender e con ganas de pasalo ben.

PASADE UN BO VERÁN!!!!


luns, 18 de xuño de 2012

Os pitiños

Tivemos no cole a oportunidade de ver todo o proceso do nacemento duns "pitiños". Mirade que interesante e que bonita experiencia. Quero, en nome de todos, darlle as gracias a profe Ánxeles que foi a que os trouxo e tamén a que máis tempo lle dedicou tanto a coidalos como a ensinarnos como se facía.

venres, 1 de xuño de 2012

A REVISTA CARACOLA

Os alumnos de 2º de Primaria fixemos uns debuxos para a revista Caracola
Queredes velos? aquí están...
Caracola 1

Agora a cruzar os dedos esperando ter sorte para que os publiquen
BOA SORTE!!

luns, 21 de maio de 2012

Día das letras galegas en 1º

Os nenos de 1º festexamos o día das Letras Galegas facendo un mural sobre Valentín Paz Andrade....

mércores, 9 de maio de 2012

Valentín Paz Andrade

Aquí tedes cousiñas sobre o autor ao que se lle adican as letras galegas este ano: Valentín Paz Andrade

Espero que vos gusten e que lle saquedes proveito.

Pinchando AQUÍ atoparedes un documento que explica toda a vida de Valentín Paz Andrade.

Para aprender máis sobre Valentín Paz Andrade,  o mellor é facer estes divertidos xogos nos que poderás demostrar canto sabes sobre a vida e a obra do autor:

XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3

Pinchando AQUÍ atoparás información sobre as letras galegas, sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade e tamén algunhas actividades interesantes para infantil e para os distintos ciclos de primaria.

Nesta outra páxina, ademais da súa biografía e bibliografía, podes atopar vídeos, imaxes, entrevistas e moitas outras cousas sobre Valentín Paz Andrade. Para velo todo, pincha AQUÍ.

Pinchando AQUÍ entraredes na páxina das letras galegas da Xunta. Nela atoparedes toda a información sobre Valentín Paz Andrade e sobre tódolos autores homenaxeados en anos anteriores. Ademais, hai un montón de xogos e actividadespara pasalo ben ao mesmo tempo que aprendemos.

AQUÍ tedes o enlace a un vídeo sobre Valentín Paz Andrade que fixeron no CEIP Rosalía de Castro. Seguro que vos gusta.

Se queredes realizar unha webquest interesante entre varios nenos e nenas, esta que fixeron no CEIP Nosa Señora de Xuvencos é moi chula. Para facela tedes que entrar AQUÍ e acceder como convidados.

martes, 8 de maio de 2012

luns, 7 de maio de 2012

xoves, 3 de maio de 2012

Colaboración para un mural

video

Hoxe viñeron a visitarnos os alumnos de Asprodico e axudáronnos a facer uns murais da Primavera. Grazas a eles quedaron moi bonitos!

xoves, 26 de abril de 2012

Carlos Losada

Hoxe fixéronnos unha visita moi especial.
Visitounos Carlos Losada (o avó de Robin) para falarnos dos seus anos traballando na radio, da importancia da palabra e da lectura en voz alta, dos seus traballos como doblador de cine e como actor, da súa amizade con Uxío Novoneyra e de outras moitas cousas interesantísimas.
Contounos anécdotas moi divertidas e aprendemos moito das súas experiencias.
Sobre todo, quedounos claro o importante que é ler ben!!


MOITAS GRAZAS!!

venres, 13 de abril de 2012

En abril ... libros mil

Ola amigos da biblioteca do cole de Guláns. Son Leo León.
Xa sabedes que estou contentísimo porque en abril hai moitas actividades no cole que teñen que ver cos libros e coa lectura.
Xa iredes vendo pouco a pouco as cousiñas que hai preparadas para este ano.
Espero ter moitas visitas ao longo deste mes tan especial. Digo que abril é especial porque é moi bo para os que nos gusta ler, pero tamén é moi bo para que, os que inda non o saben, descubran que tamén lles gusta ler.
Unha aperta.
Vémonos na biblioteca ... entre libros.



venres, 9 de marzo de 2012

8 de marzo

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Un grupo de nais, avoas e veciñas, que viñeron a falarnos da súa experiencia escolar e laboral.
Aprendemos moitas cousas: cales eran as diferenzas entre homes e mulleres na escola, cales eran as diferenzas entre a escola que tiveron elas e a nosa escola, ...
Ademais, algúns nenos e nenas leron os seus poemas.


MOITAS GRAZAS A TODAS

mércores, 7 de marzo de 2012

Maleta de poesía

Xa chegou á biblioteca a maleta de poesía.
21 libros de poemas para ler, soñar e disfrutar.
Esta maleta é un préstamo dos nosos amigos da biblioteca do CEFORE de Vigo que só estará aquí durante un mes, así que ... aproveitade e disfrutádea.

martes, 6 de marzo de 2012

English travelling schoolbag

Ola amigos!!!!
Aquí podedes ver a mochila viaxeira de inglés que os nen@s de 6º curso disfrutaron fai uns meses...espero que vos gusten!!!




sábado, 25 de febreiro de 2012

Entroido de 3º

OS NENOS E NENAS DE 3º CURSO NA NOSA AULA, UNS DÍAS ANTES DO GRAN DÍA DO ENTROIDO!!!

xoves, 23 de febreiro de 2012

Eu falo así

O día 21 de febreiro é o día internacional da lingua materna. Non esquezades que a lingua do noso pensamento e das nosas emocións é o noso ben máis prezado.
Aquí tedes unha canción sobre a lingua, sobre a fala de cada un de nós.

venres, 17 de febreiro de 2012

Traballo de investigación

Os nenos e nenas de 6º fixeron un traballo de investigación sobre os orixes e as costumes desta época de Entroido.
Quedáronlles uns traballos preciosos e moi interesantes, que poderedes consultar cando queirades na biblioteca do cole.

DISFRUTADE DO ENTROIDO!!

Que disfrutedes moito do Entroido.
No cole pasámolo moi ben.
O venres estabamos todos guapísimos. Aquí tedes as fotos que o demostran.
Verémonos o vindeiro xoves día 23 de febreiro.
Vinde visitarme á biblioteca!!!


xoves, 16 de febreiro de 2012

4º día de Entroido

Zapatos, lazos, zapatos, lazos, ... estas son as fotos dos nosos zapatos.
Non esquezades as ordes de Leo León para o venres.



mércores, 15 de febreiro de 2012

3º día de Entroido

Aquí van as fotos do mércores e as instrucións para o xoves.
Leo León está contentísimo coa vosa participación no Entroido deste ano.
Seguide vindo así de guapos.



martes, 14 de febreiro de 2012

DÍA DOS NAMORADOS

Hoxe, día dos namorados, os alumn@s de 5º e 6º fixemos moitos corazóns cheos de boas cualidades e chegaron moitos agasallos dos amig@s invisibles!!!!

2º día de Entroido

Aquí están as fotos do segundo día de Entroido e as ordes de Leo León para o mércores.
Seguide participando.


luns, 13 de febreiro de 2012

1º día de Entroido

Leo León está moi contento pola vosa participación
flashvars="photos=http://photopeach.com%2Fapi%2Fgetphotos%3Falbum_id%3Dxsbmmd&autoplay=0&embed=1">



Estou moi emocionado, o Entroido vai comezar...
se facedes o que eu mande, que ben o imos pasar!!!!

Empeza o mandadiño:
para comezar a rir
con un MANDIL DE COCIÑA
o luns teredes que vir!!!!

O martes segue o Entroido
o catorce de febreiro
traede un CORAZÓN
que o amor é o primeiro!!!

venres, 10 de febreiro de 2012

COMEZA O ENTROIDO!!!!


Estou moi emocionado, o Entroido vai comezar...
se facedes o que eu mande, que ben o imos pasar!!!!

Empeza o mandadiño:
para comezar a rir
con un MANDIL DE COCIÑA
o luns teredes que vir!!!!

Conto de Paz

Os nenos do cole fixemos un conto de Paz, cada clase fixo a súa aportación e o resultado foi moi satisfactorio. Podedes lelo aquí.

domingo, 5 de febreiro de 2012

Función de relación

Aquí tedes uns vídeos moi instructivos sobre como funcionan os nosos
sentidos, que vos axudarán a repasar o tema que trata función de relación
en Coñecemento do Medio.

xoves, 26 de xaneiro de 2012

MÚSICA NUNHA ÁRBORE. Diego Stocco

A música está en todas partes.
Onde serías ti capaz de atopala?
Escoita a música dunha árbore.

MÚSICA NUNHA LAVANDERÍA. Diego Stocco

Con calquera cousa se pode facer música.
Só é necesario ter imaxinación, unha boa idea, e ... a tocar!!

mércores, 25 de xaneiro de 2012

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO 



Pouco antes do Nadal recibimos na biblioteca do cole a visita de Abraham Carreiro, contounos algúns trucos para debuxar, que nos deixaron abraiados a nenos e maiores.

martes, 24 de xaneiro de 2012

O NADAL


Fíxemos fermosas postais de Nadal, e algunhas delas acadaron algún premio,  e tamén, Papá Noel visitou o noso centro e trouxo agasallos para todos os nenos/as.