sábado, 25 de febreiro de 2012

Entroido de 3º

OS NENOS E NENAS DE 3º CURSO NA NOSA AULA, UNS DÍAS ANTES DO GRAN DÍA DO ENTROIDO!!!

xoves, 23 de febreiro de 2012

Eu falo así

O día 21 de febreiro é o día internacional da lingua materna. Non esquezades que a lingua do noso pensamento e das nosas emocións é o noso ben máis prezado.
Aquí tedes unha canción sobre a lingua, sobre a fala de cada un de nós.

venres, 17 de febreiro de 2012

Traballo de investigación

Os nenos e nenas de 6º fixeron un traballo de investigación sobre os orixes e as costumes desta época de Entroido.
Quedáronlles uns traballos preciosos e moi interesantes, que poderedes consultar cando queirades na biblioteca do cole.

DISFRUTADE DO ENTROIDO!!

Que disfrutedes moito do Entroido.
No cole pasámolo moi ben.
O venres estabamos todos guapísimos. Aquí tedes as fotos que o demostran.
Verémonos o vindeiro xoves día 23 de febreiro.
Vinde visitarme á biblioteca!!!


xoves, 16 de febreiro de 2012

4º día de Entroido

Zapatos, lazos, zapatos, lazos, ... estas son as fotos dos nosos zapatos.
Non esquezades as ordes de Leo León para o venres.



mércores, 15 de febreiro de 2012

3º día de Entroido

Aquí van as fotos do mércores e as instrucións para o xoves.
Leo León está contentísimo coa vosa participación no Entroido deste ano.
Seguide vindo así de guapos.



martes, 14 de febreiro de 2012

DÍA DOS NAMORADOS

Hoxe, día dos namorados, os alumn@s de 5º e 6º fixemos moitos corazóns cheos de boas cualidades e chegaron moitos agasallos dos amig@s invisibles!!!!

2º día de Entroido

Aquí están as fotos do segundo día de Entroido e as ordes de Leo León para o mércores.
Seguide participando.


luns, 13 de febreiro de 2012

1º día de Entroido

Leo León está moi contento pola vosa participación
flashvars="photos=http://photopeach.com%2Fapi%2Fgetphotos%3Falbum_id%3Dxsbmmd&autoplay=0&embed=1">



Estou moi emocionado, o Entroido vai comezar...
se facedes o que eu mande, que ben o imos pasar!!!!

Empeza o mandadiño:
para comezar a rir
con un MANDIL DE COCIÑA
o luns teredes que vir!!!!

O martes segue o Entroido
o catorce de febreiro
traede un CORAZÓN
que o amor é o primeiro!!!

venres, 10 de febreiro de 2012

COMEZA O ENTROIDO!!!!


Estou moi emocionado, o Entroido vai comezar...
se facedes o que eu mande, que ben o imos pasar!!!!

Empeza o mandadiño:
para comezar a rir
con un MANDIL DE COCIÑA
o luns teredes que vir!!!!

Conto de Paz

Os nenos do cole fixemos un conto de Paz, cada clase fixo a súa aportación e o resultado foi moi satisfactorio. Podedes lelo aquí.

domingo, 5 de febreiro de 2012

Función de relación

Aquí tedes uns vídeos moi instructivos sobre como funcionan os nosos
sentidos, que vos axudarán a repasar o tema que trata función de relación
en Coñecemento do Medio.