xoves, 26 de abril de 2012

Carlos Losada

Hoxe fixéronnos unha visita moi especial.
Visitounos Carlos Losada (o avó de Robin) para falarnos dos seus anos traballando na radio, da importancia da palabra e da lectura en voz alta, dos seus traballos como doblador de cine e como actor, da súa amizade con Uxío Novoneyra e de outras moitas cousas interesantísimas.
Contounos anécdotas moi divertidas e aprendemos moito das súas experiencias.
Sobre todo, quedounos claro o importante que é ler ben!!


MOITAS GRAZAS!!

venres, 13 de abril de 2012

En abril ... libros mil

Ola amigos da biblioteca do cole de Guláns. Son Leo León.
Xa sabedes que estou contentísimo porque en abril hai moitas actividades no cole que teñen que ver cos libros e coa lectura.
Xa iredes vendo pouco a pouco as cousiñas que hai preparadas para este ano.
Espero ter moitas visitas ao longo deste mes tan especial. Digo que abril é especial porque é moi bo para os que nos gusta ler, pero tamén é moi bo para que, os que inda non o saben, descubran que tamén lles gusta ler.
Unha aperta.
Vémonos na biblioteca ... entre libros.