venres, 13 de abril de 2012

En abril ... libros mil

Ola amigos da biblioteca do cole de Guláns. Son Leo León.
Xa sabedes que estou contentísimo porque en abril hai moitas actividades no cole que teñen que ver cos libros e coa lectura.
Xa iredes vendo pouco a pouco as cousiñas que hai preparadas para este ano.
Espero ter moitas visitas ao longo deste mes tan especial. Digo que abril é especial porque é moi bo para os que nos gusta ler, pero tamén é moi bo para que, os que inda non o saben, descubran que tamén lles gusta ler.
Unha aperta.
Vémonos na biblioteca ... entre libros.



Ningún comentario:

Publicar un comentario