venres, 22 de xuño de 2012

Despedida

Rematou o curso!!
Xa pasou un ano máis.
Moitas grazas a todos aqueles que colaboraron, que se esforzaron, que nos apoiaron, que axudaron en todo  e que están dispostos a seguir facéndoo.
Moita sorte a tódolos alumnos que comezan unha nova etapa, que xa se fixeron maiores e que agora irán ao instituto a demostrar todo o que aprenderon neste centro. Sobre todo o máis importante: a ser bos compañeiros, a ser solidarios, a compartir, a respetar, ... a ser persoas de ben.
E a todos aqueles que volverán en setembro: disfrutade das vacacións ao máximo para poder comezar un novo curso con forzas renovadas, con actitude positiva, con ganas de aprender e con ganas de pasalo ben.

PASADE UN BO VERÁN!!!!


luns, 18 de xuño de 2012

Os pitiños

Tivemos no cole a oportunidade de ver todo o proceso do nacemento duns "pitiños". Mirade que interesante e que bonita experiencia. Quero, en nome de todos, darlle as gracias a profe Ánxeles que foi a que os trouxo e tamén a que máis tempo lle dedicou tanto a coidalos como a ensinarnos como se facía.

venres, 1 de xuño de 2012

A REVISTA CARACOLA

Os alumnos de 2º de Primaria fixemos uns debuxos para a revista Caracola
Queredes velos? aquí están...
Caracola 1

Agora a cruzar os dedos esperando ter sorte para que os publiquen
BOA SORTE!!