xoves, 31 de xaneiro de 2013

DÍa da Paz

video

A esta académica coñecémola nós!



A mediados de xaneiro coñeciamos a boa nova: Fina Casalderrey é a primeira autora de literatura infantil e xuvenil que terá un lugar na Real Academia Galega.

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e que ademais é mestra.

Moitos de vós xa lestes unha ou varias obras súas e, se cadra, agora é o momento de animarse con outra.

Aquí vos queda un enlace á súa páxina oficial por se queredes saber algo máis sobre ela ou as súas obras.

venres, 25 de xaneiro de 2013

Mochilas Viaxeiras

Ola a todos!! Un venres máis aquí vos deixo os debuxos e comentarios da mochila viaxeira!!
Que chulada!! espero que vos gusten e ata a próxima semana...


luns, 21 de xaneiro de 2013

Falémonos como irmáns

Outra fermosa canción de paz: "Irmaus"
Letra de Celso Emilio Ferreiro cantada por Fuxan os Ventos.

venres, 18 de xaneiro de 2013

Odaiko

Onte, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º fomos ver un espectáculo musical.
O grupo "Odaiko", ensinounos que se pode facer música case con calquera cousa: sarténs, caldeiros, xornais, tubos, ...

Aquí vos queda un resumo de outro espectáculo de Odaiko. Nel podedes ver outros instrumentos singulares (legóns, tamancas, unha guitarra tocada con baquetas, ...)

mércores, 16 de xaneiro de 2013

Canción de paz

Xa se achega o día da paz.
Aquí vos queda unha fermosa canción de paz.


A letra é dun poema de Neira Vilas e a música é de X Manuel R Crespo.

luns, 14 de xaneiro de 2013

I LOVE ENGLISH JUNIOR

O ano pasado os alumnos de 6º de primaria escribiron unha carta á revista I LOVE ENGLISH JUNIOR, e publicáronnos outra carta...

    



Noraboa  BRAIS GONZÁLEZ

seguiremos cruzando os dedos para que nos publiquen o resto...


MOCHILAS VIAXEIRAS

Feliz ano!!! Unha semana máis aquí vos deixo os debuxos e comentarios das mochilas viaxeiras.
Que bonitos!!





Espero que vos gusten tanto como a min!!
Ata a vindeira semana!