Os nenos de 2º estivemos facendo experimentos para medir líquidos con diferentes recipientes...Medimos, comprobamos, comparamos... Ao rematar, coa auga que sobraba estivemos regando, porque entendemos o importante que é a auga e utilizala ben e non malgastala. Por último as botellas de plástico tirámolas no colector...AMARELO! A VER SE VOS GUSTA!
Ola a todos!Estou moi contento porque os nenos de 4º e a profe Ángeles fixeron unha exposición moi bonita na biblioteca. Esta vez o tema eran "as antigüidades".Xa veredes que interesante. Ata pronto! Leo León.
E por fin xa temos dispoñible na biblioteca do colexio o libro feito polos alumnos de 6º de infantil, 1º-2º-3º e 4º de primaria sobre o contacontos " Trouble in the Jungle" que viu ao noso cole.
Podedes ver este precioso libro na nosa biblioteca!!
Como todos os anos festexamos o Día das Letras Galegas. Este ano adícaselle a Roberto Vidal Bolaño.Organizamos uns xogos moi divertidos con preguntas e pistas sobre el. Todos os alumnos e alumnas o pasaron moi ben e esforzáronse moito.Noraboa a todos!!