sábado, 20 de decembro de 2014

O festival de Nadal

O Nadal xa chegou !!! Pero antes de marchar de vacacións nos facemos o noso tradicional festival de Nadal no que todos os nenos participaron e o pasamos moi ben.


O festival de Nadal on PhotoPeach

martes, 16 de decembro de 2014

sábado, 22 de novembro de 2014

MAGOSTO

APROVEITAMOS QUE O LUNS NON CHOVÍA E FESTEXAMOS O MAGOSTO. CASTAÑAS, XOGOS, RISAS...Magosto 2014 - Movie Maker

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!

Chegaron á biblioteca de Leo León libros novos. Esta vez os encargados de dar esta boa nova polas aulas foron os alumnos e alumnas de 3º. Estos libros están colocados  na estantería de novidades. Cóntovos un segredo? teñen moitísimo éxito! espérovos !!!



venres, 21 de novembro de 2014

AXUDANTES DE LEO LEÓN E O SEU NOVO UNIFORME

DÍAS DAS BIBLIOTECAS

O DÍA DAS BIBLIOTECAS NO NOSO COLE... Viñeron os nenos e nenas á biblioteca na hora do recreo e recibiron un agasallo, un marcapáxinas de Mafalda.Despois, entre todos, coloreamos debuxos e con eles adornamos a nosa bonita biblioteca. O noso lugar de encontro...

martes, 18 de novembro de 2014

I LOVE ENGLISH JUNIOR MAGAZINE

O ano pasado os alumnos de 5º de primaria escribiron varias cartas en inglés á revista I LOVE ENGLISH JUNIOR, e un ano máis publicáronnos dúas máis. Aquí as tedes para que as poidades ler.

Noraboa LUCÍA IGLESIAS

Noraboa LOIS PORTO








sábado, 8 de novembro de 2014

Samaín 2014

Aquí podedes ver o ben que o pasamos este ano no Samaín: Cada clase fixo unha bonita cabaza, e despois todos xuntos na biblioteca festexamos o Samaín con moitas sorpresas.



video

venres, 7 de novembro de 2014

"O CASTELO ENCANTADO" obra de teatro feita polos nen@s de 3º

Para festexar o Samaín, os nenos e nenas de terceiro de primaria prepararon unha pequena obra de teatro para intentar asustar aos compañeiros, o conseguirían?
Mirade o vídeo!!!!


xoves, 6 de novembro de 2014

Axudantes da biblioteca de Leo León


Estos son os axudantes da biblioteca de Leo León deste ano. Paula, Cristian, Álex, Rubén, Noa, Leo, Lucía, Lois e Martín. Se necesitas algo eles axudaranche encantados!! 



video

martes, 28 de outubro de 2014

Theatre: A TRIP AROUND THE WORLD

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Viñeron Grit e Lena co seu teatro en inglés A TRIP AROUND THE WORLD. Os nenos disfrutaron moito e participaron cantando as cancións.

 


Nesta actividade colaborou a ANPA do colexio.

luns, 27 de outubro de 2014

Cine de terror

Hoxe comezamos as xornadas de cine de terror co motivo da celebración do Samain.
Mirade que ben o pasamos!!





domingo, 26 de outubro de 2014

CINE NA BIBLIOTECA

Ola amigos...
Durante esta semana imos celebrar o SAMAÍN e para comezar que vos parece unha sesión de CINE DE TERROR ? Se tedes ganas, animádevos e ide no recreo ata a biblioteca (infantil ou 1º C.) ou ata a clase de 6º (2º e 3º ciclo) para desfrutar das pelis...


sábado, 25 de outubro de 2014

A TRIP AROUND THE WORLD

O próximo martes, día 28 de outubro terá lugar na biblioteca a representación teatral en inglés 'A TRIP AROUND THE WORLD'. Aquí vos deixamos algunhas das cancións para que poidades practicar...

Antartic by Slidely Slideshow

Africa by Slidely Slideshow

Om tare by Slidely Slideshow

Mother Earth by Slidely Slideshow

venres, 24 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS



Hoxe é un día  moi importantes para todas as bibliotecas, e tamén para a de Leo León xa que na hora do recreo imos festexar o seu día con moitas sorpresas! 


luns, 20 de outubro de 2014

SAMAIN 2014

Xa non queda nada para poder festexar o Samain...aquí vos deixo un bonito conto cunhas actividades para que podades ir saboreando o comezo desta festa.


FELIZ SAMAIN 2014!!!!

mércores, 15 de outubro de 2014

E POR FIN CHEGOU O MOMENTO MÁIS ESPERADO POR TODOS..A INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DE LEO LEÓN !


video

venres, 10 de outubro de 2014

mércores, 10 de setembro de 2014

luns, 7 de xullo de 2014

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2014

Estes son os videos  das actuacións que puidemos gravar, xa que, a tarxeta non deu para máis. Esperamos que vos gusten. Boas Vacacións!!

INFANTIL: COLOURS, FUN AO MERCADO E A CARACOLA MANOLA



ENTREGA DE ORLAS (5 ANOS)



ROMEO E XULIETA: AMOR EN VERONA (3º PRIMARIA)


A MIÑA TÍA (1º PRIMARIA)




A ESTRELA QUE PERDEU O SEU BRILLO. (2º PRIMARIA)



ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DO TORNEO DE XADREZ

  


CANTAR ESTA CANCIÓN. (4º  PRIMARIA)



FRAUTAS E PERCUSIÓN. (5º e 6º PRIMARIA)



A PRINCESA DO CAUREL ( 1º e 3º PRIMARIA)



HOMENAXE A DÍAZ CASTRO (4º e 6º PRIMARIA)

luns, 9 de xuño de 2014

EN GALEGO

Aquí vos queda a canción que fixemos no cole para as Letras Galegas deste ano 2014.

Non deixedes de cantala!!


luns, 26 de maio de 2014

EXCURSIÓN AOS MUÍÑOS DE COUSO

Fai uns días fomos de excursión aos muíños de Couso. Despois de facer todo o percorrido fixemos pan. Tamén nos ensinaron o forno. Foi unha excursión moi bonita e interesante. A xente de Couso que nos axudou foi moi amable.E quedamos abraiados cando nos regalaron un pan para cada un de nós feito por elas. MOITAS GRAZAS!!!




video

xoves, 15 de maio de 2014

Novidades na biblioteca

Xa temos moitísimas novidades na biblioteca: novos xogos, novos libros...


Vinde a visitarme!!!!
Ata pronto...


martes, 13 de maio de 2014

I LOVE ENGLISH JUNIOR

Este ano os alumnos de 5º escribiron unha carta á revista I LOVE ENGLISH JUNIOR, e publicaron a carta de Noa. Aquí a tedes:



Noraboa Noa Groba!!
Seguiremos cruzando os dedos para que nos publiquen o resto...

luns, 5 de maio de 2014

Letras galegas 2014

Xa se achega o día das Letras Galegas e a nós gústanos festexalo todo con música, así que aquí vos deixo unhas cancións compostas para Díaz Castro.
Disfrutádeas.




 

mércores, 30 de abril de 2014

Exposición de Reino Unido dos alumnos e alumnas de 3º.

8 meses, 8 países.....
REINO UNIDO
Aquí podedes ver a exposición que fixeron as nenas e os nenos de 3º sobre este país tan fermoso...


video




A VISITA DE SUSANA LAMELA

O Día do Libro, tivemos unha visita moi especial. Veu a escritora Susana Lamela ao cole. Susana falounos dos seus libros "Soños de andel" e "Andeis baleiros". Os nenos do cole lemos estos libros e gustounos moito esta visita. Aquí tendes unhas fotos para o recordo...


video

DÍA DO LIBRO

Queredes ver como festexamos o día do libro no noso cole? pois aquí tedes as fotos da árbore que fixemos entre todos e na que contestamos á pregunta " e ti para que les?". 
Queda tamén para o recordo o mural do conto que inventamos entre todos. Que bonito quedou! 
E por último, as fotos de cando os maiores leron aos máis pequenos. PARABÉNS A TODOS E TODAS! 





video

martes, 8 de abril de 2014

xoves, 3 de abril de 2014

Plantamos árbores

Que aventura vivimos o venres pasado plantando árbores! Foi unha experiencia para non esquecer! Acompañáronnos os nenos e profes do cole de Oliveira. Fixemos amigos e compartimos un bo día!
 Aquí queda o recordo. Disfrutade moito!
Queremos dar as grazas á comunidade de Montes San Xulián de Guláns.




video

luns, 31 de marzo de 2014

Theatre ' A day in the jungle'

O pasado xoves, 27 de marzo, tivemos unha visita moi especial. 
Grit e Lena viñeron ao noso cole co seu teatro en inglés 'A DAY IN THE JUNGLE'. Pasámolo moi ben e disfrutamos moito cantando as diferentes cancións.
Agora podes seguir practicando as cancións.


video



video


mércores, 26 de marzo de 2014

Presentación de Holanda

Aquí podedes ver a presentación de Holanda feita polos alumnos de 5 anos:


Exposición de Holanda dos alumnos de 5 anos

E coa chegada da primavera os nenos e nenas de 5 anos expoñen Holanda xa que é un país moi primaveral e con moitas flores.







video

luns, 24 de marzo de 2014

Aprendo música

Aprendo música



Aquí vos deixo un enlace para que xoguedes coa música.
Divertídevos e aprendede moito.

xoves, 20 de marzo de 2014

Exposición de Italia dos nenos e nenas de 3 anos

Pero que contento está este ano Leo León con tanta viaxe. Esta vez os nenos e nenas de 3 anos levárono de viaxe a ...ITALIA!!!



video


Entroido 2014

Aquí tedes as primeiras fotos do Entroido celebrado no noso cole.
Un saúdo.


Entroido 2014 on PhotoPeach

luns, 10 de marzo de 2014

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Ola! sabedes unha cousa? 
Este ano festexamos por primeira vez o día do amor e da amizade. Escribimos cartas ás persoas que decidimos e dixémoslles o moito que nos importan e as queremos. As cartas botámolas dentro do "buzón do amor" que decoramos e deixamos  na biblioteca.
Tamén fixemos un mural moi grande cun corazón e escribimos o  nome de todos os nenos e nenas do cole. Ah! e tamén os nomes dos profes!
 Lemos contos da biblioteca que trataban do amor, da amizade...
Os alumnos e alumnas de 3º foron polas clases a ler un poema de Shakespeare. Fixérono xenial!
 E a sorpresa final foi  moi grande para todos e todas  xa que recibimos unha carta de Leo León recordándonos o moito que nos quere! 


video



venres, 14 de febreiro de 2014

Xeografía

Déixovos estes enlaces con xogos para aprenderse as comunidades autónomas e provincias de España, os países de Europa, as capitais, ...
Ademais tamén hai algúns xogos para aprenderse os ríos, montes, serras, ...
Test capitais de Europa

Mapas e crebacabezas




Sitúa no mapa
Trivial España
Trivial Europa









Provincias de España




Crebacabezas, xogos e preguntas
















DIVERTÍDEVOS E APRENDEDE MOITO!!!

venres, 7 de febreiro de 2014

8 MESES, 8 PAÍSES...

Xa coñecemos Irlanda, xa coñecemos Portugal, xa coñecemos Finlandia e agora....FRANCIA!

O venres pasado expuxeron os nenos e nenas de 5º e 6º. Mirade que ben o fixeron!!


video

xoves, 6 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ

Queredes ver como festexamos o día da Paz no noso cole?
O día comezou cunha sorpresa moi grande xa que os nenos e nenas de 4º fixeron unhas pombas da paz para todos e por iso queremos darlles as  GRACIAS! Foi unha emoción!! Logo cantamos unha canción todos xuntos e por último fixemos voar as nosas mensaxes de paz...

video

mércores, 5 de febreiro de 2014

E aquí tedes tamén unhas fotos do día que fomos á Avisoureira á exposición de setas! Estivo xenial .Moitas grazas por invitarnos á  exposición e polas fotos cedidas...


video

martes, 4 de febreiro de 2014

Excursión al Eroski

    Lembrades cando fomos de excursión ao supermercado Eroski? aquí podedes ver unhas fotos de recordo...



                               video

luns, 27 de xaneiro de 2014

Canción da paz 2014

Aquí vos quedan as cancións deste ano para o día da paz.

No mundo. Luar na lubre

 

No dudaría. Antonio Flores

 

xoves, 16 de xaneiro de 2014

Nadal 2013


Ola a todos! aquí podedes ver máis cousiñas que pasaron no Nadal, como o concurso dos adornos navideños e tamén  unha visita moi especial que tivemos. A ver se sabedes quen foi!




video

martes, 14 de xaneiro de 2014

Adornos de nadal


Aquí podedes ver os adornos de Nadal feitos con material de refugallo que este ano adornaron o noso colexio. Moitas gracias a tod@s por participar!!!!