luns, 31 de marzo de 2014

Theatre ' A day in the jungle'

O pasado xoves, 27 de marzo, tivemos unha visita moi especial. 
Grit e Lena viñeron ao noso cole co seu teatro en inglés 'A DAY IN THE JUNGLE'. Pasámolo moi ben e disfrutamos moito cantando as diferentes cancións.
Agora podes seguir practicando as cancións.







mércores, 26 de marzo de 2014

Presentación de Holanda

Aquí podedes ver a presentación de Holanda feita polos alumnos de 5 anos:


Exposición de Holanda dos alumnos de 5 anos

E coa chegada da primavera os nenos e nenas de 5 anos expoñen Holanda xa que é un país moi primaveral e con moitas flores.








luns, 24 de marzo de 2014

Aprendo música

Aprendo música



Aquí vos deixo un enlace para que xoguedes coa música.
Divertídevos e aprendede moito.

xoves, 20 de marzo de 2014

Exposición de Italia dos nenos e nenas de 3 anos

Pero que contento está este ano Leo León con tanta viaxe. Esta vez os nenos e nenas de 3 anos levárono de viaxe a ...ITALIA!!!





Entroido 2014

Aquí tedes as primeiras fotos do Entroido celebrado no noso cole.
Un saúdo.


Entroido 2014 on PhotoPeach

luns, 10 de marzo de 2014

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Ola! sabedes unha cousa? 
Este ano festexamos por primeira vez o día do amor e da amizade. Escribimos cartas ás persoas que decidimos e dixémoslles o moito que nos importan e as queremos. As cartas botámolas dentro do "buzón do amor" que decoramos e deixamos  na biblioteca.
Tamén fixemos un mural moi grande cun corazón e escribimos o  nome de todos os nenos e nenas do cole. Ah! e tamén os nomes dos profes!
 Lemos contos da biblioteca que trataban do amor, da amizade...
Os alumnos e alumnas de 3º foron polas clases a ler un poema de Shakespeare. Fixérono xenial!
 E a sorpresa final foi  moi grande para todos e todas  xa que recibimos unha carta de Leo León recordándonos o moito que nos quere!