sábado, 22 de novembro de 2014
MAGOSTO
APROVEITAMOS QUE O LUNS NON CHOVÍA E FESTEXAMOS O MAGOSTO. CASTAÑAS, XOGOS, RISAS...Magosto 2014 - Movie Maker
NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!
venres, 21 de novembro de 2014
DÍAS DAS BIBLIOTECAS
O DÍA DAS BIBLIOTECAS NO NOSO COLE...
Viñeron os nenos e nenas á biblioteca na hora do recreo e recibiron un agasallo, un marcapáxinas de Mafalda.Despois, entre todos, coloreamos debuxos e con eles adornamos a nosa bonita biblioteca. O noso lugar de encontro...
martes, 18 de novembro de 2014
I LOVE ENGLISH JUNIOR MAGAZINE
O ano pasado os alumnos de 5º de primaria escribiron varias cartas en inglés á revista I LOVE ENGLISH JUNIOR, e un ano máis publicáronnos dúas máis. Aquí as tedes para que as poidades ler.
Noraboa LUCÍA IGLESIAS
Noraboa LOIS PORTO
sábado, 8 de novembro de 2014
Samaín 2014
Aquí podedes ver o ben que o pasamos este ano no Samaín: Cada clase fixo unha bonita cabaza, e despois todos xuntos na biblioteca festexamos o Samaín con moitas sorpresas.
venres, 7 de novembro de 2014
"O CASTELO ENCANTADO" obra de teatro feita polos nen@s de 3º
Para festexar o Samaín, os nenos e nenas de terceiro de primaria prepararon unha pequena obra de teatro para intentar asustar aos compañeiros, o conseguirían?
Mirade o vídeo!!!!
Mirade o vídeo!!!!
xoves, 6 de novembro de 2014
Axudantes da biblioteca de Leo León
Estos son os axudantes da biblioteca de Leo León deste ano. Paula, Cristian, Álex, Rubén, Noa, Leo, Lucía, Lois e Martín. Se necesitas algo eles axudaranche encantados!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)