venres, 27 de marzo de 2015

MÚSICAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ: GALICIA

Onte tivemos a visita de Antonio Gutiérrez (o papá de Lucía de 1º), que nos viu falar da música e dos instrumentos de Galicia.

























Como é a nosa terra pensabamos que xa sabiamos todo, pero resultou que aprendemos moitas cousas novas.










MOITAS GRAZAS ANTONIO





xoves, 26 de marzo de 2015

MÚSICAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ: INDIA




Esta semana tivemos a visita de Paco Serén (o papá de Violeta de 2º), que nos estivo falando da música e dos instrumentos da India.






Aprendemos un montón de cousas, vimos moitos instrumentos, ... todo moi distinto ao que nós estamos acostumados.







MOITAS GRAZAS PACO

mércores, 25 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

Buscamos xornalistas....e atopamos grandes noticias..
Cando queirades podedes ver na biblioteca de Leo León o xornal que fixemos entre todas elas. Impresionante!





video

venres, 20 de marzo de 2015

Odaiko


Un ano máis, fomos ver a Odaiko.

Creo que a todos nos gustou moito. Foi unha actuación moi divertida e na que participamos nós tamén.



Aquí están con nós os compoñentes de Odaiko que amablemente accederon a sacarse esta foto.




Logo, un pouco de aire fresco para despexarnos antes de voltar ao cole.

martes, 17 de marzo de 2015

A semana da prensa

                                   CHEGOU A SEMANA DA PRENSA !!!

A semana pasada os alumnos-as de 1º e 2º estivemos na biblioteca de Leo León traballando con xornais. Recortamos os titulares das noticias que máis nos interesaron e logo pegámolas  todas nun mural...
Estivo xenial...


video

venres, 13 de marzo de 2015

Encontros bibliotecas escolares


Unha vez máis unha boa noticia.Os nosos traballos agora mesmo están expostos no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela  nos "Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015" .



martes, 3 de marzo de 2015

Novidades na biblioteca de Leo León

Que bo ano para a biblioteca de Leo León! unha vez máis podemos dicir que  TEMOS NOVIDADES


NOVAS!!!!! Esperamos a vosa visita !!

video

luns, 2 de marzo de 2015

Libros de agasallo

Mirade que agasallo nos chegou ao cole....Un paquete con libros que xa forman parte da biblioteca de Leo León!
Participamos nun concurso de cartas ao apalpador e ,aínda que ningún dos nosos alumnos gañou o premio, mandáronos estes tres libros para todos e tamén nos deron  parabéns ! que ilusión! estamos felices ! Grazas!