venres, 27 de marzo de 2015
xoves, 26 de marzo de 2015
MÚSICAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ: INDIA
mércores, 25 de marzo de 2015
SEMANA DA PRENSA
Buscamos xornalistas....e atopamos grandes noticias..
Cando queirades podedes ver na biblioteca de Leo León o xornal que fixemos entre todas elas. Impresionante!
venres, 20 de marzo de 2015
Odaiko
Creo que a todos nos gustou moito. Foi unha actuación moi divertida e na que participamos nós tamén.
Logo, un pouco de aire fresco para despexarnos antes de voltar ao cole.
martes, 17 de marzo de 2015
A semana da prensa
CHEGOU A SEMANA DA PRENSA !!!
A semana pasada os alumnos-as de 1º e 2º estivemos na biblioteca de Leo León traballando con xornais. Recortamos os titulares das noticias que máis nos interesaron e logo pegámolas todas nun mural...
Estivo xenial...
A semana pasada os alumnos-as de 1º e 2º estivemos na biblioteca de Leo León traballando con xornais. Recortamos os titulares das noticias que máis nos interesaron e logo pegámolas todas nun mural...
Estivo xenial...
venres, 13 de marzo de 2015
Encontros bibliotecas escolares
Unha vez máis unha boa noticia.Os nosos traballos agora mesmo están expostos no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela nos "Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015" .
martes, 3 de marzo de 2015
Novidades na biblioteca de Leo León
Que bo ano para a biblioteca de Leo León! unha vez máis podemos dicir que TEMOS NOVIDADES
NOVAS!!!!! Esperamos a vosa visita !!
NOVAS!!!!! Esperamos a vosa visita !!
luns, 2 de marzo de 2015
Libros de agasallo
Mirade que agasallo nos chegou ao cole....Un paquete con libros que xa forman parte da biblioteca de Leo León!
Participamos nun concurso de cartas ao apalpador e ,aínda que ningún dos nosos alumnos gañou o premio, mandáronos estes tres libros para todos e tamén nos deron parabéns ! que ilusión! estamos felices ! Grazas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)