xoves, 28 de abril de 2016

As historias da historia

Este ano, con motivo da celebración do día do libro, cada nen@ inventou unha historia sobre a historia que están traballando no proxecto de biblioteca ( prehistoria, exipto, grecia, roma, idade moderna e idade contemporánea ).

Houbo historias tan bonitas, que Leo León tivo moitas dificultades para decidir os gañadores.

Grazas a tod@s pola vosa participación e noraboa aos gañadores!!

video

martes, 26 de abril de 2016

Semana da ciencia

E esta semana semana pasámolo xenial coas historias de 5º e 6º de primaria sobre a ciencia.




sábado, 23 de abril de 2016

Día do libro 2016

E con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO dende a biblioteca do CEIP FELICIANO BARRERA todos os alumnos e alumnas do cole fixeron unha historia xigante. 
Mirade que ben quedou!! 


 


Grazas a tod@s pola vosa participación!!!


FELIZ DÍA DO LIBRO





venres, 22 de abril de 2016

Lectura na biblioteca

E para rematar coa semana do libro 2016, as alumnas e alumnos de 3º de primaria representaron un conto da Sirenita. Que semana máis divertida... pasámolo en grande!!



xoves, 21 de abril de 2016

Lectura na biblioteca

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria leron a historia Galicia, nosa ledicia de Xosé Neira Vilas.


mércores, 20 de abril de 2016

Contamos historias

E nesta semana grande da celebración da SEMANA DO LIBRO os alumnos e alumnas de 
5º de primaria seguen contando fermosas historias. 

Leo León o está pasando en grande, e vós ?



martes, 19 de abril de 2016

Lectura na biblioteca


E hoxe martes os alumnos de 4º de primaria interpretaron un conto inventado por eles e titulado 

'Unha nova vida'. 




luns, 18 de abril de 2016

A HISTORIA XIGANTE


E a partir de hoxe tamén podedes pasar pola biblioteca na hora do recreo para facer unha historia xigante entre todos os nenos e nenas do colexio. Animádevos a participar!!



Lectura na biblioteca

E hoxe comezamos coas historias: EN ABRIL...HISTORIAS MIL.

Os nenos e nenas de 5º de primaria contáronnos dous contos na biblioteca.

Como nos gustaron!!




venres, 15 de abril de 2016

EN ABRIL ... HISTORIAS MIL

Comeza a semana do libro e a semana da ciencia.
Aquí vos queda o programa de tódalas cousiñas que imos facer na biblioteca.
A DISFRUTAR DAS HISTORIAS!!!

luns, 4 de abril de 2016

A NOSA ÁRBORE 3º PRIMARIA

AS NENAS E NENOS DE 3º PRANTAMOS UNHA ÁRBORE DETRÁS DA IGREXA DE SAN XULIÁN; COIDADEA MOITO!


video

.