luns, 27 de novembro de 2017

Conmemoración do día internacional da violencia de xénero

Os nenos de primeiro prepararon o conto titulado "Maruxa", para conmemorar o día da violencia de xénero. Durante toda a semana contáronnos na hora de lectura o conto a todas as aulas. Fixéronno moi ben. Esperamos que vos animedes  moitas veces máis.

Mi película from Cristina Iturrioz on Vimeo.

mércores, 22 de novembro de 2017

Revista o Papagaio

Desde esta semana, contamos na biblioteca coa revista editada en galego "o Papagaio". Animarvos a lela, é moi divertida.
 

mércores, 8 de novembro de 2017

"Un avó especial"

Hoxe os alumnos de 2º, 3º e 4º fomos ao Auditorio de  Ponteareas e disfrutamos da obra "Un avó especial" do grupo Migallas. Esta obra mostraba a relación tan especial que hai entre una neta e o seu avó. O mesmo que acontece en moitos fogares. Na vida real os avós convértense nunha figura moi importante no desenvolvemento emocional e psicolóxico dos nenos.
Os nenos disfrutaron moito e algúns emocionáronse nalgúns momentos da obra.
Esta obra está baseada nun conto do mesmo título que os autores nos regalaron ao rematar a función.



xoves, 2 de novembro de 2017

2º Premio para Leilía no concurso de relato curto de medo

A nosa alumna Leilía de 6º de primaria obtivo o segundo premio neste concurso celebrado en Ponteareas cun relato terrorífico titulado: "O conto maldito". Parabéns Leilía

PREMIO LEILÍA from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

sábado, 28 de outubro de 2017

Celebración do día das bibliotecas escolares


A UNESCO propón a celebración da Semana Mundial da Alfabetización dos Medios de Comunicación e da Información (MIL) 2017, a #GlobalMILWeek como un medio para visibilizar as experiencias en materia de educación nas linguaxes dos diferentes medios de comunicación, nun contexto de alfabetizacións múltiples e coa intención de formar ao alumnado como consumidores pero, especialmente, como produtores de información a través dos diversos medios de comunicación: prensa, radio, televisión, vídeo, fotografía, audio, produtos transmedia, internet... 
Desde a biblioteca do CEIP Feliciano Barrera queremos contribuir a esta #GlobalMILweek a través do blogue da biblioteca cunha grabación feita por alumnas de 5º de primaria  e protagonizada por alumnos de 4º de primaria, para celebrar o día das bibliotecas escolares.
Estes alumnos presentan el libro "Poemar o mar" de Antonio Garcia Teijeiro, premio nacional de
literatura infantil e xuvenil".
s
BIBLIOTECAS ESCOLARES from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

domingo, 8 de outubro de 2017

Inauguración da biblioteca

O xoves e o venres inauguramos a biblioteca do cole. Iniciamos o curso 2017-18. Os nenos de sexto, os axudantes de Leo León e da biblioteca fixeron una maravillosa inauguración, lembrándonos as normas da biblioteca, e a distribución dos contos e libros. Carla presentounoss a Caixa de correos da confianza, feita para que os nenos poidan contar cunha carta as cousas que lles preocupan e o que necesitan para atoparse mellor. A Caixa de correos pode chegar a ser moi importante para a convivencia no cole. Parabéns aos nenos de sexto polo gran traballo feito.

inauguracuión Biblioteca from Cristina Iturrioz on Vimeo.

mércores, 4 de outubro de 2017

Benvidos un ano máis!

Ola a todas e todos! Desde a biblioteca do CEIP Feliciano Barrera queremos compartir convosco un novo ano cargado de sorpresas, ledicia e moitas cousas divertidas que viviremos ao o longo de moitos meses. Damos a benvida aos novos axudantes da biblioteca, os alumnos de 6º de primaria, que estarán todo o curso dispostos a axudarvos e orientarvos dentro da biblioteca. Forman un gran equipo. Mirade

AXUDANTES from Cristina Iturrioz on Vimeo.

venres, 7 de xullo de 2017


NOTA: Obrigatorio visualizalo con rede sen fíos ou cable de internet. 
Nunca con datos propios do teléfono.


Aquí tedes as actuacións do festival do Solsticio.
Bo verán de parte da comunidade educativa do colexio público de Guláns!




sábado, 1 de xullo de 2017

Exposición 6º de primaria: "As árbores do Casal"


Descarga o tríptico da ruta en alta resolución desde a páxina web do colexio!

A exposición centrouse nas especies arbóreas e arbustos máis importantes da contorna. E para isto dividiron a todo o alumnado do cole en grupos e fixeron una ruta guiada  por tódolos arredores do centro, onde o alumnado puido observar todas esas especies arbóreas, escoitar as explicacións do alumnado de 6º e aprender a identificalas eles mesmos.
É a primeira vez en todos estes anos que a exposición dun proxecto faise fóra do espazo da biblioteca. Estamos orgullosos de que a información se descentralice, que saia da biblioteca, que se adapte e se traslade en función dos temas de estudo.  

As árbores d´O Casal from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Roteiro botánico pola contorna máis próxima do colexio público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
Actividade enmarcada no proxecto anual da biblioteca "Galicia".





Des-a-fío

"Des-a-fío" Alumnado de 4º from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

Dentro do proxecto anual da biblioteca escolar, que este ano versa sobre Galicia, o alumnado de 4º de primaria presenta o desfile "Des-a-fío".
Xuño 2017.
Colexio Público Feliciano Barrera. Guláns (Ponteareas).

venres, 16 de xuño de 2017

Exposición de 4º de primaria: Des-a-fío 4º, a moda de Galicia


Este proxecto consiste nun percorrido pola historia da moda galega dende a prehistoria ata os nosos días, dende a primeira agulla de óso, atopada na cova Eirós en Lugo, ata unha tablet de Inditex.
Aquí tedes a súa exposición. Moi completa.



DES-A-FÍO 4º A MODA DE GALICIA from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

xoves, 15 de xuño de 2017

Exposición de 4º de E.I.: Os porcos en Galicia

Os nenos de 3 anos gravaron una película onde  nos explican todo o que aprenderon neste proxecto.
Foi para eles una bonita experiencia



 

PROXECTO PORCOS from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

mércores, 14 de xuño de 2017

Exposición de 6º de E.I.: "O mel e as abellas"


Este proxecto resultou ser moi motivador e aos cativos/as encantoulles e ademais aprenderon un
montón de cousas. Aquí tedes un pequeno vídeo da súa exposición na biblioteca. Fixérono moi ben



AS ABELLAS from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

martes, 13 de xuño de 2017

Exposición 1º de primaria: "os animais vertebrados de Galicia"


Partindo do que os nenos sabían dos animais, comezaron a recompilar información dos libros da
biblioteca sobre o tema (que son moitísimos), de internet, das súas propias casas, ... e comezaron a entender o que era clasificar, os distintos xeitos de clasificar aos animais, cales son os animais que podemos atopar en Galicia, ...
Esta é a súa exposición. Xenial.


OS ANIMAIS VERTEBRADOS EN GALICIA from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

luns, 12 de xuño de 2017

EXPOSICIÓNS DO PROXECTO "GALICIA" PROMOVIDO POLA BIBLIOTECA DO COLE

Comezan as exposicións dos proxectos relacionados con Galicia baixo a coordinación da biblioteca do centro. As exposicións realízanse na biblioteca do centro e a estas asisten todos os alumnos e profesores do centro.

sábado, 27 de maio de 2017

"As catro estacións"

20 "As catro estacións" from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
"As catro estacións" é a visión do alumnado de 6º de educación infantil das catro estacións anuais. Traballo que englobou arte e música. Primeiro falamos das características de cada período. Despois, mentres escuitabamos a obra de Vivaldi, debuxamos o que nos suxería cada unha. E este foi o resultado. Uns verdadeiros artistas!

venres, 26 de maio de 2017

En abril... libros mil!


18 En abril... libros mil! from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeo-resumo das actividades realizadas no colexio Feliciano Barrera co gallo do Día do Libro.
Non foi un día: foi un mes enteiro de actividades. En abril, libros mil: libros ó patio, os libros e o cine, contacontos, feira de libro, os maiores contando contos ós pequechos...
Ler conta moito.
Organizado polo equipo de biblioteca.

As nubes de Guláns


Grazas a toda a comunidade educativa pola participación no concurso fotográfico sobre "As nubes de Guláns". Recibimos un feixe de fermosas instantáneas das nosas aldeas.
Proximamente publicaremos todas as fotos.

Aquí tedes as fotos seleccionadas.

Son de María castro, María Carballido e Blanca Castro.






domingo, 21 de maio de 2017

Carlos Casares Mouriño. Letras Galegas 2017

“A lingua dos galegos é o galego e eu, dende o meu oficio de escritor, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas e todos os meus coñecementos”.  Carlos Casares Mouriño.
19 Letras Galegas 2017: Carlos Casares. from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeo-resumo da "Ximcana" para trabalhar o autor homenaxeado no Día das Letras 2017. Gravado o 16 de maio de 2017. Colexio Público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
“A lingua dos galegos é o galego e eu, dende o meu oficio de escritor, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas e todos os meus coñecementos”. Carlos Casares Mouriño.

sábado, 6 de maio de 2017

"Gatuxo"

Este xoves 4 de maio, o alumnado de infantil e primeiro de primaria viaxou até o teatro de "A Fundación" (García Barbón) onde gozaron do concerto "Gatuxo", de Magín Blanco. Depois, merendaron e xogaron no parque de Castrelos. Pasárono moi ben! 


martes, 25 de abril de 2017

A fanfarria do León

17 A fanfarria do Léon from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
"Mannequin-challengue" do alumnado de 4º de primaria. Gravado na biblioteca Leo León do colexio público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas) o 25 de abril de 2017.

En abril... libros mil

Martes 25 de abril. Libros ao patio. Cada 3 ou 4 nenos compartindo os seus libros
LIBROS AO PATIO from Cristina on Vimeo.

luns, 24 de abril de 2017

En abril... libros mil

Luns 24 de Abril. Os libros no cine. Proxección de curtas para infantil, 1º e 2º. "Argine e "The joy of  books" e "Leer cuenta mucho". Venres 28 de abril para 3º, 4º, 5º e 6º. "Argine" e "Paperman".

domingo, 23 de abril de 2017

I Feira do Libro de Guláns

16 "I Feira do libro de Guláns" from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
"I Feira do libro de Guláns".
Do 24 ao 28 de abril de 2017.
Coa participación das Librarías: Milfollas, Ledo, Casa Pepe, Papiros, Y la luz se hizo, A nube máxica e Don Papel.
Coa colaboración da ANPA.
Colexio Público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).

venres, 21 de abril de 2017

xoves, 20 de abril de 2017

mércores, 19 de abril de 2017

En abril... libros mil

Mércores 19 de abril. Os libros no cine. Proxección de dúas curtas na hora da lectura: - Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore - Ler non é clandestino Para Infantil, 1º e 2º de primaria. O venres será para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

sábado, 1 de abril de 2017

Excursión a Ponteareas!

Todo infantil e 1º de primaria fomos de excursión a Ponteareas, onde fixemos dúas actividades.

Saímos ás 9:30 horas. Ás 10 horas, visitamos a biblioteca pública municipal. Percorremos as súas instalacións, as diferentes salas de lectura, coñecemos como se clasifican os libros e nos contaron dous contos: "Os tres chivos Chivóns" e "Soños de algodón".
Ademais,  demos un paseo polo museo: petróglifos, restos prehistóricos, da Idade Media e da Moderna. Encantounos un camión de bombeiros de hai un século e unha maqueta do castelo de Vilasobroso. Depois de merendar estivemos un anaco nun parque que hai ó carón da biblioteca.

Ás 12 horas, no Multiusos Reveriano Soutullo, asistimos á respresentación teatral "Feo!" da compañía Caramuxo Teatro. Inspirada en "O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, a historia transcorre nuha fábrica de parrulos de goma “Il Papero Giallo”. Saen cada día centos de parrulos, ata que un día aparece un parrulo diferente...  
"Feo!" é un canto á pluralidade e unha obra que fala da riqueza da diversidade e do que esta enriquece.

Grazas á federación de ANPAS de Ponteareas e por convidarnos!
E grazas especialmente á nosa!

                                      Fotos da excursión


mércores, 29 de marzo de 2017

Semana da Prensa

Co gallo da Semana de Prensa, o alumnado do noso colexio converteuse en xornalistas e preparamos este diario, desde Guláns, para o mundo.

Diario Leo León.

Aquí o tedes!

Obradoiro "Mel de Galicia"

Hoxe, o alumnado de 1º, 2º, e 4º tivemos un obradoiro para coñecer o proceso do mel desde que as abellas fan o seu traballo ata que chegua a nós.

Puidemos probar un traxe de apicultor e as súas ferramentas (como por exemplo o afumador), ver unha colmea, observar como nas alzas se distribuía o mel das celas, o proceso de extracción e, por último, o de envasado.

De recordo levamos de agasallo un tarriño de mel para probalo.

E todo, grazas ó consello regulador da denominación de orixe protexida "Mel de Galicia".

Sen dúbida foi unha mañá mooooi doce!










venres, 24 de marzo de 2017

mércores, 22 de marzo de 2017

Agasallo para os nenos de primeiro

14 Entrega de agasallos ao alumnado de primeiro from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Neste vídeo o alumnado de 1º de primaria recibe uns agasallos co gallo dos proxectos premiados nos dous últimos anos da súa etapa en educación infantil que estiveron coa mestra Cristina.

martes, 21 de marzo de 2017

Día mundial da poesía

Hoxe é o día mundial da poesía. Tamén é o día da árbore e o comezo da primavera ... moitas cousas que festexar.
Se ides á biblioteca veredes que Leo León preparou unha exposición de libros de poesía. Os nenos e nenas que esta semana levedes emprestado algún deses libros con poemas, teredes unha marquiña especial no voso pasaporte.


A marabillosa historia do violìn trompeta


Hoxe, cuarto, quinto e sexto visitamos o teatro de "A Fundación" en Vigo, para asistirmos ó concerto didáctico "A marabillosa historia do violín-trompeta".








O dúo musical Fetén-Fetén levounos de viaxe a múltiples países cos seus múltiples instrumentos.



Deixáronnos abraiados con tanto instrumento!



Guitarra, rabel, mandolina, violíns, zanfona, acordeón, gaita, serrucho, instrumentos a partir de refugallos, instrumentos pobres  (culleres, vasoira, latas, bricks de leite...) Encantounos!










luns, 20 de marzo de 2017

Novidades da biblioteca!

O alumnado de 6º -os nosos queridos axudantes-, amosan á rapazada do colexio as novidades máis saborosas e apetecibles da nosa biblioteca. Cóntanse por ducias, e para todos os niveis!

E mañá, 21 de marzo, "Día da Poesia", os que se acheguen e se leven emprestado para casa un libro de poesía, sorpresa asegurada!

Radio Televisión Leo León.
23 Axudantes novidades from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Os axudantes da biblioteca presentan as novidades ao alumnado do centro.

mércores, 8 de marzo de 2017

8 de marzo. "Día Internacional das Mulleres"

Hoxe é día de reivindicar.

Nós puxemos o noso granciño de area. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración enviando as fotos.

Graciñas, mulleres de Guláns!




11 "Mulleres" from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeo realizado a partir de 96 fotografías cedidas pola comunidade educativa do Colexio Público Feliciano Barrera (Gulàns, Ponteareas).
8 de marzo de 2017. Día Internacional da Muller.
Nada que celebrar. Muito que reivindicar!

martes, 7 de marzo de 2017

Charla avespa velutina

Hoxe a todo o alumnado do colexio os bombeiros de Ponteareas informáronnos sobre  as vespas asiáticas.

mércores, 1 de marzo de 2017

"A feira de Guláns"

10 "A feira de Guláns" Entroido 2017 from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Reportaxe fotográfica da celebración do Entroido no Colexio Público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
24 de febreiro de 2017.
Fotografías: Rocío e Alejandro (6º de primaria), Cristina, Sagrario, Reyes e Ángeles (mestras).
10b "A feira de Guláns" (vídeos) from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeos do Entroido celebrado no colexio público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
"A feira de Guláns".
24 de febreiro de 2017.
Gravados por Rocío e Alejandro (6º de primaria) e Cristina (mestra).

Mandadiño


E aquí tedes algunhas fotos do mandadiño deste ano, que ben o pasamos disfrazándonos de bebés!



xoves, 23 de febreiro de 2017

"Alborada" Rosalía de Castro

09 Alborada de Rosalía from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Poesía recitada polo alumnado de 1º de primaria, e gravada polo alumnado de 4º, co gallo do 180º aniversario de Rosalía de Castro.

24 de febreiro de 2017.

mércores, 22 de febreiro de 2017

Namórate do galego!

Queremos recordar á nosa poeta máis internacional

Rosalía de Castro cun gran mural do alumnado de 5º
de primaria.


24 de febreiro de 2017.

180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.




venres, 17 de febreiro de 2017

Contos por teléfono "Brif, braf, Bruf". Leticia Faria.

18 Hora de ler. Contos por teléfono: "Brif, braf, bruf". A Leticia. from Colexio PùblicoFeliciano Barrer on Vimeo.
Conto narrado por Leticia Faria Giesteira, alumna de 6º de primaria.
Gravado o 17 de febreiro de 2017 na aula do grupo.
Actividade enmarcada na "Hora de Ler" do colexio Publico Feliciano Barrera, Guláns (Ponteareas).
Texto: "Brif, braf, bruf". Contos por teléfono (Gianni Rodari, versión de Kalandraka editorial).
Fragmento musical: "O home orquestra", do disco "A festa de disfraces", Toni Costa, Ana Quílez (Bellaterra Música, ed.).

Mandadiños do Entroido!

Luns

Martes

 Mércores

Xoves

 

 

 

 

martes, 31 de xaneiro de 2017

Caixas temáticas

Xa están nas aulas as primeiras caixas temáticas. Este ano comezamos polas caixas de "LIBROS FEITOS POR NÓS"

Curtas para a Paz

Para festexar o día da Paz, Leo León convidounnos á biblioteca para ver unhas curtas que nos fixeron pensar no que é a Paz

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Canción do día da Paz. 30 de xaneiro de 2017.

Este ano, no noso colexio, imos a cantar dunha forma moi especial. 

"Ven comigo" é a canción elixida, e o alumnado e profesorado aprenderá este tema en lingua de signos. 

A canción fala do valor da AMIZADE.

Aquí a tedes!

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Con Carla...Inventando números!

13 Contos por teléfono: Carla from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.

Conto narrado por Carla González Iglesias, alumna de 6º de primaria.
Gravado o 13 de xaneiro de 2017 na aula do grupo.
Actividade enmarcada na "Hora de Ler" do colexio Publico Feliciano Barrera, Guláns (Ponteareas).
Texto: "Proceso ao sobriño". Contos por teléfono (Gianni Rodari, versión de Kalandraka editorial).
Fragmento musical: "O home orquestra", do disco "A festa de disfraces", Toni Costa, Ana Quílez (Bellaterra Música, ed.).

laterra Música, ed.).

mércores, 11 de xaneiro de 2017

English Junior Magazine

Ola a tod@s,

Un ano máis temos moi boas noticias relacionadas coa materia de inglés. Publicáronnos dúas cartas novas na revista 'I love English Junior' Aquí as tedes... e por suposto...

Noraboa LETICIA 

Noraboa NETO