mércores, 29 de marzo de 2017

Semana da Prensa

Co gallo da Semana de Prensa, o alumnado do noso colexio converteuse en xornalistas e preparamos este diario, desde Guláns, para o mundo.

Diario Leo León.

Aquí o tedes!

Obradoiro "Mel de Galicia"

Hoxe, o alumnado de 1º, 2º, e 4º tivemos un obradoiro para coñecer o proceso do mel desde que as abellas fan o seu traballo ata que chegua a nós.

Puidemos probar un traxe de apicultor e as súas ferramentas (como por exemplo o afumador), ver unha colmea, observar como nas alzas se distribuía o mel das celas, o proceso de extracción e, por último, o de envasado.

De recordo levamos de agasallo un tarriño de mel para probalo.

E todo, grazas ó consello regulador da denominación de orixe protexida "Mel de Galicia".

Sen dúbida foi unha mañá mooooi doce!










venres, 24 de marzo de 2017

mércores, 22 de marzo de 2017

Agasallo para os nenos de primeiro

14 Entrega de agasallos ao alumnado de primeiro from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Neste vídeo o alumnado de 1º de primaria recibe uns agasallos co gallo dos proxectos premiados nos dous últimos anos da súa etapa en educación infantil que estiveron coa mestra Cristina.

martes, 21 de marzo de 2017

Día mundial da poesía

Hoxe é o día mundial da poesía. Tamén é o día da árbore e o comezo da primavera ... moitas cousas que festexar.
Se ides á biblioteca veredes que Leo León preparou unha exposición de libros de poesía. Os nenos e nenas que esta semana levedes emprestado algún deses libros con poemas, teredes unha marquiña especial no voso pasaporte.


A marabillosa historia do violìn trompeta


Hoxe, cuarto, quinto e sexto visitamos o teatro de "A Fundación" en Vigo, para asistirmos ó concerto didáctico "A marabillosa historia do violín-trompeta".








O dúo musical Fetén-Fetén levounos de viaxe a múltiples países cos seus múltiples instrumentos.



Deixáronnos abraiados con tanto instrumento!



Guitarra, rabel, mandolina, violíns, zanfona, acordeón, gaita, serrucho, instrumentos a partir de refugallos, instrumentos pobres  (culleres, vasoira, latas, bricks de leite...) Encantounos!










luns, 20 de marzo de 2017

Novidades da biblioteca!

O alumnado de 6º -os nosos queridos axudantes-, amosan á rapazada do colexio as novidades máis saborosas e apetecibles da nosa biblioteca. Cóntanse por ducias, e para todos os niveis!

E mañá, 21 de marzo, "Día da Poesia", os que se acheguen e se leven emprestado para casa un libro de poesía, sorpresa asegurada!

Radio Televisión Leo León.
23 Axudantes novidades from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Os axudantes da biblioteca presentan as novidades ao alumnado do centro.

mércores, 8 de marzo de 2017

8 de marzo. "Día Internacional das Mulleres"

Hoxe é día de reivindicar.

Nós puxemos o noso granciño de area. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración enviando as fotos.

Graciñas, mulleres de Guláns!




11 "Mulleres" from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeo realizado a partir de 96 fotografías cedidas pola comunidade educativa do Colexio Público Feliciano Barrera (Gulàns, Ponteareas).
8 de marzo de 2017. Día Internacional da Muller.
Nada que celebrar. Muito que reivindicar!

martes, 7 de marzo de 2017

Charla avespa velutina

Hoxe a todo o alumnado do colexio os bombeiros de Ponteareas informáronnos sobre  as vespas asiáticas.

mércores, 1 de marzo de 2017

"A feira de Guláns"

10 "A feira de Guláns" Entroido 2017 from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Reportaxe fotográfica da celebración do Entroido no Colexio Público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
24 de febreiro de 2017.
Fotografías: Rocío e Alejandro (6º de primaria), Cristina, Sagrario, Reyes e Ángeles (mestras).
10b "A feira de Guláns" (vídeos) from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeos do Entroido celebrado no colexio público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
"A feira de Guláns".
24 de febreiro de 2017.
Gravados por Rocío e Alejandro (6º de primaria) e Cristina (mestra).

Mandadiño


E aquí tedes algunhas fotos do mandadiño deste ano, que ben o pasamos disfrazándonos de bebés!


video