sábado, 27 de maio de 2017

"As catro estacións"

20 "As catro estacións" from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
"As catro estacións" é a visión do alumnado de 6º de educación infantil das catro estacións anuais. Traballo que englobou arte e música. Primeiro falamos das características de cada período. Despois, mentres escuitabamos a obra de Vivaldi, debuxamos o que nos suxería cada unha. E este foi o resultado. Uns verdadeiros artistas!

venres, 26 de maio de 2017

En abril... libros mil!


18 En abril... libros mil! from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeo-resumo das actividades realizadas no colexio Feliciano Barrera co gallo do Día do Libro.
Non foi un día: foi un mes enteiro de actividades. En abril, libros mil: libros ó patio, os libros e o cine, contacontos, feira de libro, os maiores contando contos ós pequechos...
Ler conta moito.
Organizado polo equipo de biblioteca.

As nubes de Guláns


Grazas a toda a comunidade educativa pola participación no concurso fotográfico sobre "As nubes de Guláns". Recibimos un feixe de fermosas instantáneas das nosas aldeas.
Proximamente publicaremos todas as fotos.

Aquí tedes as fotos seleccionadas.

Son de María castro, María Carballido e Blanca Castro.






domingo, 21 de maio de 2017

Carlos Casares Mouriño. Letras Galegas 2017

“A lingua dos galegos é o galego e eu, dende o meu oficio de escritor, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas e todos os meus coñecementos”.  Carlos Casares Mouriño.
19 Letras Galegas 2017: Carlos Casares. from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeo-resumo da "Ximcana" para trabalhar o autor homenaxeado no Día das Letras 2017. Gravado o 16 de maio de 2017. Colexio Público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
“A lingua dos galegos é o galego e eu, dende o meu oficio de escritor, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas e todos os meus coñecementos”. Carlos Casares Mouriño.

sábado, 6 de maio de 2017

"Gatuxo"

Este xoves 4 de maio, o alumnado de infantil e primeiro de primaria viaxou até o teatro de "A Fundación" (García Barbón) onde gozaron do concerto "Gatuxo", de Magín Blanco. Depois, merendaron e xogaron no parque de Castrelos. Pasárono moi ben!