sábado, 28 de outubro de 2017

Celebración do día das bibliotecas escolares


A UNESCO propón a celebración da Semana Mundial da Alfabetización dos Medios de Comunicación e da Información (MIL) 2017, a #GlobalMILWeek como un medio para visibilizar as experiencias en materia de educación nas linguaxes dos diferentes medios de comunicación, nun contexto de alfabetizacións múltiples e coa intención de formar ao alumnado como consumidores pero, especialmente, como produtores de información a través dos diversos medios de comunicación: prensa, radio, televisión, vídeo, fotografía, audio, produtos transmedia, internet... 
Desde a biblioteca do CEIP Feliciano Barrera queremos contribuir a esta #GlobalMILweek a través do blogue da biblioteca cunha grabación feita por alumnas de 5º de primaria  e protagonizada por alumnos de 4º de primaria, para celebrar o día das bibliotecas escolares.
Estes alumnos presentan el libro "Poemar o mar" de Antonio Garcia Teijeiro, premio nacional de
literatura infantil e xuvenil".
s
BIBLIOTECAS ESCOLARES from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

domingo, 8 de outubro de 2017

Inauguración da biblioteca

O xoves e o venres inauguramos a biblioteca do cole. Iniciamos o curso 2017-18. Os nenos de sexto, os axudantes de Leo León e da biblioteca fixeron una maravillosa inauguración, lembrándonos as normas da biblioteca, e a distribución dos contos e libros. Carla presentounoss a Caixa de correos da confianza, feita para que os nenos poidan contar cunha carta as cousas que lles preocupan e o que necesitan para atoparse mellor. A Caixa de correos pode chegar a ser moi importante para a convivencia no cole. Parabéns aos nenos de sexto polo gran traballo feito.

inauguracuión Biblioteca from Cristina Iturrioz on Vimeo.

mércores, 4 de outubro de 2017

Benvidos un ano máis!

Ola a todas e todos! Desde a biblioteca do CEIP Feliciano Barrera queremos compartir convosco un novo ano cargado de sorpresas, ledicia e moitas cousas divertidas que viviremos ao o longo de moitos meses. Damos a benvida aos novos axudantes da biblioteca, os alumnos de 6º de primaria, que estarán todo o curso dispostos a axudarvos e orientarvos dentro da biblioteca. Forman un gran equipo. Mirade

AXUDANTES from Cristina Iturrioz on Vimeo.