mércores, 31 de xaneiro de 2018
O escritor Xavier Estévez visitou a nosa biblioteca
O escritor Xavier Estévez visitou a nosa biblioteca e falou animadamente cos alumnos de 4º, 5º e 6º. Ademais contoulles como xurdiu nel a súa aficción por escribir libros e animoulles para que seguisen os seus pasos. Os alumnos gozaron moito con el. Por último Xavier dedicoulles un libro.
luns, 29 de xaneiro de 2018
Día Escolar da non Violencia e da Paz
Mañá 30 de xaneiro celebramos todos xuntos o Día Escolar da non Violencia e da Paz.
Ao longo da mañá teremos no cole diferentes actividades para conmemorar todos xuntos este día.
- Curtas adicadas á Paz, na biblioteca do centro.
- Lectura das mensaxes escritas por todas as aulas para encher as botellas que viaxarán polo noso mar de Paz e que decorará a nosa biblioteca a partir de mañá en forma de mural.
- Lectura dunha receita moi especial cuns ingredientes moi especiais.
- E remataremos cunha preciosa canción que aprendemos ao longo dos últimos días: "conta conmigo".
Será una mañá moi especial.
luns, 22 de xaneiro de 2018
CONTA COMIGO
Deixámosvos aquí o noso vídeo clip por se queredes aprendela.
Esperamos que vos guste.
sábado, 20 de xaneiro de 2018
luns, 8 de xaneiro de 2018
O INVERNO
Os nenos e nenas de 2º recitamos uns poemas de Manuel María que falan do inverno.
Esperamos que vos gusten.
martes, 2 de xaneiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)